viernes, 19 de diciembre de 2025

 Chegamos xa ao fin do primeiro trimestre e, con isto, a desfrutar dunhas merecidas vacacións. Esta última semana fixemos diversas actividades relacionadas co Nadal: manualides, xogos, cancións... ata NEVE! 
Comezamos averiguando que ingredientes íamos ter que empregar e que pasos tiñamos que seguir. Logo, puxémonos mans á obra! 




Pepiño

Durante este mes de decembro volveu a aula Pepiño, o noso elfo, que nos acompaña dende o curso pasado. Este ano veu a propoñernos unha serie de retos diarios coa promesa de entregarnos un agasallo o último día de clase. 
Esforzámonos moito en facer todos os desafíos que nos propoñía e así, conseguimos un agasallo! 
Prometeunos que volvería o curso seguinte. Esperámoste Pepiño! 



jueves, 18 de diciembre de 2025

Canicas

Seguindo a liña do noso artista, hoxe experimentamos a pintura con canicas! Aquí vos deixamos a actividade!



Ritmo de outono

 Boas a todos e todas! Continuamos traballando con Pollock, por iso na materia de plástica decidimos imitar unha das súas obras. Queredes ver o que fixemos? 



miércoles, 17 de diciembre de 2025

Robótica

 Unha vez que experimentamos coa técnica "dripping" chegou o momento de averiguar quen era o artista que o empregaba. Para iso partimos dunha serie de pistas e para descubrilo tiñamos que levar o robot ás letras axeitadas. Deste xeito descubrimos a Jackson Pollock



Jackson Pollock

 Chegou o mes de decembro e con el un novo artista á aula. Nesta ocasión, trátase do pintor americano Jackson Pollock. Como punto de partida, comezamos a ensaiar unha técnica deste pintor denominada "dripping". Para iso, nos diferentes equipos repartimos papel continuo branco e, a partir de instruccións, fomos creando as diferentes obras. Pasámolo xenial!




L'EXPO IDÉALE

Nesta ocasión decidimos levar a cabo unha actividade plástica que parte dunha idea de Hervé Tullet chamada "L'expo idéale". Para iso, na clase de plástica tivemos que seguir unhas instruccións moi precisas para poder realizala. Era moi importante a escoita activa e a concentración, non foi tan doado como parece! Finalmente, quedounos unha exposición ben vistosa! 



A cociña de debuxos

 Pouco a pouco imos coñecendo máis a Hervé Tullet.  Comezamos a traballar co seu libro Cociña de debuxos, que nos ofreceu múltiples actividades. Algunha vez coméchedes unha sopa sin nome? Unha torta de triángulos? Pois os nenos e nenas da aula tiveron que debuxar estas fabulosas receitas. Non lles quedaron nada mal!



lunes, 15 de diciembre de 2025

Grafismos!

Continuamos a traballar co noso artista, Hervé Tullet. Na área de plástica decidimos traballar cos seus grafismos, descubrindo así que era un garabato, un blop... Para isto, dividimos un folio en 6 partes, numerando cada unha delas. A continuación, tirabamos un dado que nos indicaba en que parte do folio debiamos debuxar. Logo, lanzamos o dado dos grafismos e completabamos a área correspondente. 
Unha auténtica tolería de grafismos! 





Pirámides de alimentos

Na área de ciencias da natureza continuamos a traballar coa importancia da saúde e, sobre todo, cos alimentos que inxerimos. Para iso, elaboramos unhas pirámides alimenticias en 3D. Traballamos sobre aqueles alimentos que debemos consumir a diario, aqueles que son recomendados varias veces a semana, e por último, os que debemos restrinxir.




Mapa dos artistas

 Dado que este mes estivemos traballando con dous pintores diferentes, procedemos a colocalos no noso "Mundo de artistas". 



A saúde e as froitas

 Durante este mes de novembro tamén comezamos a traballar a importancia da saúde en ciencias da natureza. Partimos do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo, un pintor peculiar que facía os seus cadros empregando, entre outras, froitas e verduras. Para comezar, analizamos detidamente os cadros, buscando o nome das diferentes froitas e verduras que os compoñían. Resultounos tan curiosa esta ténica que... nos convertemos en froitas! 
Queredes ver como nos quedou? Botade un ollo! 





domingo, 14 de diciembre de 2025

Hervé Tullet

No mes de novembro despedímonos de Yayoi Kusama da que non esqueceremos xamais os seus círculos tan característicos. 
É o momento agora de trasladarnos a Francia, país no que nace Hervé Tullet. 
Para comezar a traballar con este pintor, comezamos a facer un obradoiro de arte deste artista denominado "Campo de flores" no que os nenos e nenas debían pintar formas, levantarse, cambiar de sitio... ata que, case sen decatarnos, tiñamos un campo de flores feito! 
Quen faría estas actividades tan divertidas? Tiñamos que averiguar quen era. Para isto, todos recibiron unha lámina misteriosa na que había letras escondidas e debían averiguar o nome e apelidos deste autor. 







miércoles, 10 de diciembre de 2025

Champiñóns

 Sabemos que os champiñóns e cogomelos son produtos típicos do outono. Por este motivo, decidimos facer unha recreación da obra de Yayoi Kusama na clase de plástica e que leva por título o nome deste produto. Quedaron moi coloridas, vós que pensades?



Habitacións infinitas

 Unha das obras máis coñecidas de Yayoi son as súas Habitacións infinitas, un efecto creado a través de espellos. Por iso na aula quixemos facer unha humilde reproducción destas obras empregando arxila, caixas de cartón e sobre todo... moitos círculos! Foi unha gran experiencia empregar a arxila para moldear as cabazas, que serían as protagonistas das nosas habitacións infinitas, ao igual que a artista xaponesa. 



Máis de Yayoi

 Aquí vos deixamos algunha actividade máis que realizamos con Yayoi. Dado a versatilidade que nos ofrece esta artista, puidemos traballar os textos instrutivos para crear obras fantásticas! 
Esperamos que vos gusten! 



lunes, 1 de diciembre de 2025

Mes de outubro, mes de Yayoi Kusama

 Comezamos o mes do outubro coa aula chea de círculos! Mesas, fiestras, mobles... non sabíamos que pasara. Era unha invasión de puntos! Despois de resolver o misterio, chegamos a conclusión de que algo tivera que ver Yayoi Kusama, a artista xaponesa coñecida como a "Raíña dos círculos". 

Durante este mes investigamos quen era esta artista, que obras tiña, e sobre todo, coñecemos o seu gusto polos círculos! Tamén nos atrevemos a escribir algunha palabra en xaponés... 




O outono

O comezo do outono foi unha gran oportunidade para realizar diferentes tarefas na aula. Descubrimos novo vocabulario, inventamos unha pequena historia, fixemos unha obra artística con follas... Que viva o outono! 




A respiración

 En ciencias naturais estivemos estudando as diferentes funcións vitais, o proceso da dixestión e respiración... Por iso decidimos facer unha maqueta sinxela sobre o aparato respiratorio, e deste xeito, comprobar como o osíxeno chega ata os nosos pulmóns! Quedaron moi feitiñas! 



Despedímonos de Castelao!

 Rematado o mes de setembro e xa en outubro, toca descubrir e coñecer a outro artista. Por isto, dicimos adeus a Castelao a través de diferentes actividades. Queredes velas? 




Paul Klee

  Boas de novo! Volvemos das vacacións coas pilas cargadas!  Comezamos este segundo trimestre coñecendo a un novo artista! Queredes  saber q...