Na área de lingua castelá realizamos diferentes estacións de aprendizaxe co obxectivo de facer máis amenos os contidos a traballar! Botade un ollo:
Os artistas do San Luís!
miércoles, 10 de junio de 2026
martes, 26 de mayo de 2026
A persistencia da memoria
Na nosa andaina sobre a producción artística de Salvador Dalí, analizamos a obra "A persistencia da memoria", unha das súas pezas máis coñecidas. Gustounos tanto que decidimos facer a nosa propia versión empregando plastilina e reciclando rollos de papel hixiénico. Quedaron xenial!
martes, 19 de mayo de 2026
Letras Galegas
Este ano no noso centro celebramos as Letras Galegas por todo o alto! Aquí vos deixamos algunhas actividades que fixemos dende a aula, pero convidámosvos a ver todo o que celebramos, publicado no blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), no seguinte enlace:
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/05/foliada-letras-galegas.html
domingo, 10 de mayo de 2026
Un novo artista chega.
Comezamos o mes de maio descubrindo a un novo artista. Nesta ocasión comezamos aproximándonos as súas obras e aos seus elementos fundamentais. Queredes averiguar de quen se trata? Non perdades o seguinte vídeo! 👀
miércoles, 6 de mayo de 2026
O muro de Picasso
Na área de lingua castelá partimos dunha historia titulada “El muro de Picasso”. Consistía nunha entrevista entre unha xornalista, a alcaldesa dun pobo e varios nenos. Despois de lelo e representalo, creamos o noso propio muro! Somos uns artistas!
martes, 5 de mayo de 2026
Surrealismo
Continuamos no noso traballo co pintor desde mes, Pablo Picasso.Nesta ocasión centrámonos na súa etapa surrealista. Queredes ver que argallamos?
O guitarrista cego
Na área de plástica comezamos a traballar coa Etapa Azul de Picasso. Para isto, partimos da súa obra O guitarrista cego. Fixemos un traballo excelente!
Actividades de lingua
Na área de lingua castelá realizamos diferentes estacións de aprendizaxe co obxectivo de facer máis amenos os contidos a traballar! Botade ...
-
O pasado martes, 17 de marzo realizamos unha saída á Fundación ABanca (A Coruña) para ver unha e xposición artística de mulleres. Deste xe...
-
Na área de matemáticas estivemos repasando contidos e traballando a resolución de problemas . Realizamos diferentes actividades na que o ...
-
Hoxe, 23 de febreiro , conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro . Comezamos coñecendo algúns datos sobre a súa vida: onde nace...
