martes, 26 de mayo de 2026

A persistencia da memoria

 Na nosa andaina sobre a producción artística de Salvador Dalí, analizamos a obra "A persistencia da memoria", unha das súas pezas máis coñecidas. Gustounos tanto que decidimos facer a nosa propia versión empregando plastilina e reciclando rollos de papel hixiénico. Quedaron xenial! 




martes, 19 de mayo de 2026

Letras Galegas

Este ano no noso centro celebramos as Letras Galegas por todo o alto! Aquí vos deixamos algunhas actividades que fixemos dende a aula, pero convidámosvos a ver todo o que celebramos, publicado no blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), no seguinte enlace: 

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/05/foliada-letras-galegas.html



domingo, 10 de mayo de 2026

Un novo artista chega.

 Comezamos o mes de maio descubrindo a un novo artista. Nesta ocasión comezamos aproximándonos as súas obras e aos seus elementos fundamentais. Queredes averiguar de quen se trata? Non perdades o seguinte vídeo! 👀




miércoles, 6 de mayo de 2026

O muro de Picasso

 Na área de lingua castelá partimos dunha historia titulada “El muro de Picasso”. Consistía nunha entrevista entre unha xornalista, a alcaldesa dun pobo e varios nenos. Despois de lelo e representalo, creamos o noso propio muro! Somos uns artistas!




martes, 5 de mayo de 2026

Surrealismo

 Continuamos no noso traballo co pintor desde mes, Pablo Picasso.Nesta ocasión centrámonos na súa etapa surrealista. Queredes ver que argallamos?



O guitarrista cego

 Na área de plástica comezamos a traballar coa Etapa Azul de Picasso. Para isto, partimos da súa obra O guitarrista cego. Fixemos un traballo excelente!



Experimentos

 Fai unhas semanas estivemos a traballar as mesturas na área de ciencias naturais. Para isto, fixemos unhas pequenas experimentacións aproximándonos ao método científico. 

 


Actividades de lingua

Na área de lingua castelá realizamos diferentes estacións de aprendizaxe co obxectivo de facer máis amenos os contidos a traballar! Botade ...