Na área de matemáticas comezamos a traballar co valor de moedas e billetes. Para isto realizamos diversas actividades manipulativas e lúdicas!
miércoles, 25 de marzo de 2026
Retratos
Nesta ocasión, na área de plástica decidimos facer un retrato da nosa artista, Frida Kahlo. Dado que unha gran parte das súas obras consistían en autorretratos, decidimos facer unha imitación!
Poesía
O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día da Poesía e tamén o Día da árbore. Na aula, durante estas semanas, estivemos traballando con diferentes tipos de poesía. Partimos do libro O meu gato é un poeta do autor Fran Alonso que estamos a ler no proxecto lector. Queredes ver todo o que aprendemos?
miércoles, 18 de marzo de 2026
Outras historias posibles
lunes, 16 de marzo de 2026
As flores de Frida
Coa inminente chegada da primavera, en lingua galega estivemos coñecendo diferentes flores e plantas, conectando así coa área de ciencias da natureza. A nosa Frida, amante da natureza, levaba sempre flores na cabeza. De aí que decidiramos colorear e colocar diferentes flores na súa cabeza, escribindo o nome das mesmas.
sábado, 14 de marzo de 2026
Lingua de xogos
Na área de lingua galega estivemos traballando conceptos como o masculino e feminino así como o singular e plural. Para isto fixemos dúas actividades lúdicas para afianzar estas aprendizaxes. Botádelle un ollo ao seguinte vídeo!
Matemáticas
Na área de matemáticas estivemos repasando contidos e traballando a resolución de problemas. Realizamos diferentes actividades na que o alumnado, por equipos, debía ir resolvendo as tarefas. Foi un gran traballo!
Día da muller
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, por iso na aula partimos da figura de Frida Khalo, a artista que traballamos este mes. Fixemos unha pequena investigación sobre a súa biografía e logo rematamos cunha actividade plástica moi visual! Queredes ver a actividade completa? Botade un ollo ao vídeo!
As plantas na arte
Comezamos un novo tema de ciencias naturais no cal imos aprender moito sobre as plantas! Para isto, partimos dun cadro moi coñecido: Os xirasoles, de Vicent Van Gogh. Gustounos tanto que decidimos plantar os noso propios xirasoles!! Mirase que ben o pasamos e todo o que aprendemos!!!
jueves, 12 de marzo de 2026
Mes de marzo, mes de...
Co comezo do mes de marzo, toca coñecer a un novo/a artista! Nesta ocasión, atopámonos cunha maleta que chegou á aula: que tiña dentro? De onde viña? Por que estaba na nosa aula?
Queredes unha resposta a todas estas preguntas? Podedes obtelas no seguinte vídeo:
lunes, 2 de marzo de 2026
Os oficios e profesións
Comezamos fai unhas semanas coa unidade 3 de ciencias sociais titulada “Valoramos o traballo”. Nel aprenderemos sobre os diferentes sectores do traballo ao tempo que afondaremos no coñecemento de cada unha das profesións. Para isto partimos de diferentes cadros artísticos que representaban algunha profesión.
O sombreiro de Klimt
Na área de plástica estivemos a traballar nun sombreiro para G. Klimt. Para isto partimos de varias obras do pintor e fomos buscando aqueles patróns que se repetían. Deste xeito, dividimos o sombreiro en 6 partes, enchendo cada unha delas con estes patróns. Que bonito nos quedou!
A árbore da vida
Seguimos a traballar con Gustav Klimt, neste caso tomamos como referencia a súa obra “A árbore da vida”. Empregando a súa cor preferida, o dourado, fixemos unha reelaboración da mesma.
Búscase!
Sucedeu algo inesperado! Chegounos unha noticia do MoMA (Museo de Arte Moderna) de Nova Iork, o cadro “ Os tres músicos ” de Picasso estaba ...
-
O pasado martes, 17 de marzo realizamos unha saída á Fundación ABanca (A Coruña) para ver unha e xposición artística de mulleres. Deste xe...
-
Na área de matemáticas estivemos repasando contidos e traballando a resolución de problemas . Realizamos diferentes actividades na que o ...
-
Comezamos un novo tema de ciencias naturais no cal imos aprender moito sobre as plantas! Para isto, partimos dun cadro moi coñecido: Os x...

.png)


