No mes de novembro despedímonos de Yayoi Kusama da que non esqueceremos xamais os seus círculos tan característicos.
É o momento agora de trasladarnos a Francia, país no que nace Hervé Tullet.
Para comezar a traballar con este pintor, comezamos a facer un obradoiro de arte deste artista denominado "Campo de flores" no que os nenos e nenas debían pintar formas, levantarse, cambiar de sitio... ata que, case sen decatarnos, tiñamos un campo de flores feito!
Quen faría estas actividades tan divertidas? Tiñamos que averiguar quen era. Para isto, todos recibiron unha lámina misteriosa na que había letras escondidas e debían averiguar o nome e apelidos deste autor.


No hay comentarios:
Publicar un comentario