Indagando e indagando, chegamos a conclusión de que un artista de verdade ten un sinal de identidade propio, que fai que sexa recoñecido/a en calquera lugar do mundo... a súa sinatura!
Cada un de nós probou mil xeitos diferentes ata dar coa definitiva. Inspirándonos en diferentes artistas cadaquén tivo que pensar:
Empregarei o meu nome ou apelido? Ou quizais será mellor as dúas cousas?
Empregarei maiúsculas ou minúsculas?
Mesturarei letras de diferentes tamaños?
Despois de probal de mil xeitos diferentes, todos conseguiron buscar unha sinatura definitiva!

No hay comentarios:
Publicar un comentario