lunes, 2 de marzo de 2026

Os oficios e profesións

 Comezamos fai unhas semanas coa unidade 3 de ciencias sociais titulada “Valoramos o traballo”. Nel aprenderemos sobre os diferentes sectores do traballo ao tempo que afondaremos no coñecemento de cada unha das profesións. Para isto partimos de diferentes cadros artísticos que representaban algunha profesión. 



O sombreiro de Klimt

 Na área de plástica estivemos a traballar nun sombreiro para G. Klimt. Para isto partimos de varias obras do pintor e fomos buscando aqueles patróns que se repetían. Deste xeito, dividimos o sombreiro en 6 partes, enchendo cada unha delas con estes patróns. Que bonito nos quedou! 




A árbore da vida

Seguimos a traballar con Gustav Klimt, neste caso tomamos como referencia a súa obra “A árbore da vida”. Empregando a súa cor preferida, o dourado, fixemos unha reelaboración da mesma. 




Os oficios e profesións

  Comezamos fai unhas semanas coa unidade 3 de ciencias sociais titulada “Valoramos o traballo”. Nel aprenderemos sobre os diferentes sector...