lunes, 23 de febrero de 2026

O xardín de Rosalía

 Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. Comezamos coñecendo algúns datos sobre a súa vida: onde nacera, quen era, onde vivira... Logo, descubrimos que hoxe cumpliría nada menos que... 189 anos! 

Entoamos diferentes poemas seus, cheos de sentimentos e emocións. Unha vez rematada a lectura, cada un de nós debiamos elixir unha palabra que nos gustase dos poemas que acabaramos de ler, para escribila nunha flor. Así formamos o xardín das palabras de Rosalía! 




Entroido

 Boas de novo a todos e todas! Hoxe deixámosvos por aquí algunhas das actividades que fixemos durante a semana do entroido! Esperamos que vos gusten!



viernes, 20 de febrero de 2026

Pequenas historias sobre o Bico

 Queredes ver como elaboramos a historia e o cadro? Botade un ollo! 



Os curmáns na montaña

 Os curmáns na montaña

Fai moito tempo había uns curmáns chamados Derek e Isabela, que se levaban moi ben e xogaban sempre xuntos. Un día, decidiron ir a unha montaña chea de flores. Abrazáronse moi forte porque facía moito frío e déronse un bico de cariño. 

Asinado, 

equipo Castelao. 



A parella

 A parella 

Fai moito tempo había unha parella que se chamaban Marta e Xesús. Un sábado

pola tarde estaban nun campo de flores celebrando San Valentín. Estaban moi

felices e abrazáronse moi forte porque se querían moito. Quixéronse toda a súa

vida.

Asinado,

o equipo Vicent Van Gogh


Os que se queren

 Os que se queren

Fai moito tempo había dous irmáns que se querían moito e se chamaban Pepe e María. Un día decidiron ir pasear e andar pola montaña. Estiveron xogando todo o tempo, moi felices, e nunca se separaron. 

Asinado,

o equipo Frida Kahlo



Os corazóns

 Os corazóns

Fai moito tempo había uhna parella chamada Kevin e María. Un día, eles estaban nun xardín cheo de flores. Falaban tranquilamente do que fixeran o día anterior. Estaban moi contentos e ledos e abrazáronse fortemente por que se querían moito. 

Asinado,

O equipo Yayoi Kusama




O bico

Esta semana continuamos a traballar con Gustav Klimt e co seu coñecido cadro "O Bico". Na materia de lingua galega, cada equipo debía crear unha mini historia sobre o cadro: quen eran os protagonistas? Que relación tiñan entre eles? Onde se atopaban? 
Despois de cubrir o borrador, escribiron as súas pequenas historias e remataron creando un novo cadro! 
Estade atentos ás seguintes entradas, iremos publicando cada unha delas!


jueves, 5 de febrero de 2026

Arte e números ordinais!

 Na área de matemáticas estivemos a traballar os números ordinais ata o 29.º, foi pan comido! Para isto, empregamos a exposición de cadros que temos na aula. Cada neno/a tiña que ir localizando certos cadros da exposición e averiguar en que posición se atopaban. A continuación, a través dunha serie de pistas debían averiguar cal era a obra de arte situada nunha posición concreta. 



Comezando febreiro

 Durante esta primeira semana de febreiro estivemos xa entrando en contacto con outro novo artista. Non paramos! 

Para descubrir de quen se trataba desta vez, tivemos que superar 4 misións. Con elas, non soamente coñeceriamos a súa identidade, senón tamén características e aspectos da súa obra. 

Despois de superar con éxito todas as misións, descubrimos que durante este mes estudaremos a Gustav Klimt, autor da coñecida obra "O bico"! 



Os oficios e profesións

  Comezamos fai unhas semanas coa unidade 3 de ciencias sociais titulada “Valoramos o traballo”. Nel aprenderemos sobre os diferentes sector...