viernes, 30 de enero de 2026

Adeus, xaneiro

 Hoxe rematamos o traballo co pintor Paul Klee, sobre o que estivemos indagando e coñecendo durante todo este mes. Toda a información que fomos lendo e  analizando, recollémola na noso arquivo de artistas. 



Quen nos agardará no mes de febreiro? Luns coñecerémolo!


Gato e paxaro

 Na sesión de plástica continuamos aprendendo e traballando sobre Paul Klee. Nesta ocasión decidimos recrear a súa coñecida obra "Gato e paxaro". Quedáronnos tan ben que as colgamos no corredor para que todo o colexio as puidese ver! 



Matemáticas divertidas!

 Esta última semana de xaneiro tocou repasar un pouquiño todo o que aprendemos en matemáticas neste último mes. Para iso, tivemos que realizar diferentes actividades dinámicas que implicaban moverse, facer medicións, elaborar "xeados" e moitas cousas máis! 




Mundo de artistas

Despois de descubrir o pintor do mes de xaneiro, Paul Klee, colgámolo no noso mapamundi de artistas!



Espazo

 Continuamos durante este mes coa creación da nosa "Fábrica de Contos", confeccionando desta vez os diferentes lugares ou espazos nos que poden ter lugar as nosas marabillosas historias e contos. 
Desta vez xa repartimos as tarxetas de personaxes e lugares (unha de cada) para cada un de nós, e comezamos a confeccionar as nosas pequenas historias. 
Ao longo desta semana iremos publicando as nosas creacións para que as poidades desfrutar!



Fábrica de contos

Neste segundo trimestre tamén comezamos coa escritura creativa e a estrutura dun texto narrativo. Para traballar isto comezamos a crear a nosa "Fábrica de Contos", que iremos completando pouco a pouco. 
Como os personaxes son un elemento esencial de calquera historia, comezamos confeccionando diferentes protagonistas de historias, engadindo información básica sobre eles! 
Despois de crear estas primeiras tarxetas, comezamos por algo sinxelo: inventando oracións disparatadas sobre eles! 



viernes, 23 de enero de 2026

Paul Klee

 Boas de novo! Volvemos das vacacións coas pilas cargadas! 
Comezamos este segundo trimestre coñecendo a un novo artista! Queredes  saber quen é?



Lingua de xogos

  Na área de lingua galega estivemos traballando conceptos como o masculino e feminino así como o singular e plural. Para isto fixemos dúas...