sábado, 29 de noviembre de 2025

Actividades sobre Castelao

En setembro continuamos traballando sobre o noso artista e fixemos diversas actividades sobre a súa vida e obra. Queredes ver algunhas? Aquí volas deixamos!




Sinaturas de artistas

 Indagando e indagando, chegamos a conclusión de que un artista de verdade ten un sinal de identidade propio, que fai que sexa recoñecido/a en calquera lugar do mundo... a súa sinatura


Cada un de nós probou mil xeitos diferentes ata dar coa definitiva. Inspirándonos en diferentes artistas cadaquén tivo que pensar: 
Empregarei o meu nome ou apelido? Ou quizais será mellor as dúas cousas? 
Empregarei maiúsculas ou minúsculas? 
Mesturarei letras de diferentes tamaños? 


Despois de probal de mil xeitos diferentes, todos conseguiron buscar unha sinatura definitiva! 



Mes de setembro, mes de CASTELAO!

Comezamos o mes de setembro investigando e traballando sobre Castelao, unha das figuras máis importantes de Galicia. 
Partimos da información e dos libros que atopamos no recuncho do noso corredor dedicado a este autor, xa que este 2025 é "O ano de Castelao"


   


 Descubrimos que Castelao vivira moi 
 preto de todos e todas nós, que fora un home que se     adicara a moitas profesións: debuxante, pintor,         médico... 

 Despois de averiguar todos estes datos tan curiosos,     inauguramos por fin o noso "Mundo de Artistas". 



lunes, 24 de noviembre de 2025

Un mundo de artistas!

 Este ano levaremos a cabo un proxecto de aula sobre a vida e obra de diferentes pintores e pintoras do mundo. Por isto, configuramos un mapamundi para ir colocando a todos os/as artistas que vaiamos estudando! 



Como nos organizamos?

 Este curso traballamos por equipos! Cada un deles leva o nome dun coñecido pintor ou pintora que investigaremos ao longo do curso. Ademais, cada equipo consta dun encargado/a que deberá encargarse de de diferentes tarefas: repartir o material necesario para as actividades, recoller aquilo que non vaiamos empregar... 



Comezamos unha nova aventura!

 No mes de setembro comezamos un novo curso escolar cheo de aventuras e aprendizaxes por descubrir. En primeiro lugar, gustaríanos amosarvos a nosa aula, comezando polos diferentes recunchos que temos nela. 





Paul Klee

  Boas de novo! Volvemos das vacacións coas pilas cargadas!  Comezamos este segundo trimestre coñecendo a un novo artista! Queredes  saber q...