sábado, 14 de marzo de 2026

Lingua de xogos

 Na área de lingua galega estivemos traballando conceptos como o masculino e feminino así como o singular e plural. Para isto fixemos dúas actividades lúdicas para afianzar estas aprendizaxes. Botádelle un ollo ao seguinte vídeo! 



Matemáticas

 Na área de matemáticas estivemos repasando contidos e traballando a resolución de problemas. Realizamos diferentes actividades na que o alumnado, por equipos, debía ir resolvendo as tarefas. Foi un gran traballo! 



Día da muller

 O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, por iso na aula partimos da figura de Frida Khalo, a artista que traballamos este mes. Fixemos unha pequena investigación sobre a súa biografía e logo rematamos cunha actividade plástica moi visual! Queredes ver a actividade completa? Botade un ollo ao vídeo!




As plantas na arte

 Comezamos un novo tema de ciencias naturais no cal imos aprender moito sobre as plantas! Para isto, partimos dun cadro moi coñecido: Os xirasoles, de Vicent Van Gogh. Gustounos tanto que decidimos plantar os nidos piropeos xirasoles!! Mirase que Ben o pasamos e todo o que aprendemos!!!



jueves, 12 de marzo de 2026

Mes de marzo, mes de...

Co comezo do mes de marzo, toca coñecer a un novo/a artista! Nesta ocasión, atopámonos cunha maleta que chegou á aula: que tiña dentro? De onde viña? Por que estaba na nosa aula? 

Queredes unha resposta a todas estas preguntas? Podedes obtelas no seguinte vídeo: 





lunes, 2 de marzo de 2026

Os oficios e profesións

 Comezamos fai unhas semanas coa unidade 3 de ciencias sociais titulada “Valoramos o traballo”. Nel aprenderemos sobre os diferentes sectores do traballo ao tempo que afondaremos no coñecemento de cada unha das profesións. Para isto partimos de diferentes cadros artísticos que representaban algunha profesión. 



O sombreiro de Klimt

 Na área de plástica estivemos a traballar nun sombreiro para G. Klimt. Para isto partimos de varias obras do pintor e fomos buscando aqueles patróns que se repetían. Deste xeito, dividimos o sombreiro en 6 partes, enchendo cada unha delas con estes patróns. Que bonito nos quedou! 




Lingua de xogos

  Na área de lingua galega estivemos traballando conceptos como o masculino e feminino así como o singular e plural. Para isto fixemos dúas...